Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí. Si continúas navegando, estarás aceptándola.
Política de cookies +

IV Encontro Arqueolóxico do Barbanza

27/02/2010 - 28/02/2010

[9:30 a 14:00; 16:30 a 21: 00 (sábado); 10:00 a 14:00 (domingo]

  Centro Arqueolóxico do Barbanza

 Descarga aqui o díptico do IV Econtro.

 Descarga aquí o poster do IV Encontro.


PROGRAMA:

SÁBADO, 27 de febreiro.

9:00 - 10:30: Control de acceso e entrega de documentación.

 

10:30 - 11:00: Apertura dos actos.

 

11:00 -11:30: Eugenio Rodríguez Puentes. 

 A posta en valor do patrimonio arqueolóxico en Galicia                                            

 (Xefe de Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Consellería de Cultura e Turismo, Xunta de Galicia)

 

11:30 -12:00: M. Pilar Prieto Fernández.

As comunidades campaniformes en Galicia. Unha mirada a través da súa cerámica.    

 (Investigadora do Departamento de Historia I, USC)                                          

 

12:00 -12:30: DESCANSO

 

12:30 - 13:15: Ramón Fábregas Valcarce e Andrés Bonilla Rodríguez.

Círculos de enganos. Escavación do crómlech da Mourela.    

(Catedrático de Prehistoria da USC e Director Xerente da Prospección y Análisis Arqueólogos, S.L.)                                                                          

 

13:15 - 14:00: Javier Rodríguez Corral.

Las comunidades de la Edad del Hierro en el noroeste peninsular.                  

(Investigador do Departamento de Historia I, USC)

 

14:00 -16:30: XANTAR

 

 16:30 - 17:00: Xosé Manuel Rosales Noves.

Identidade territorial.                                                           

 (Coordinador do Proxecto Terra. Colexio Oficial de Arqueitectos de Galicia).

 

17:00 - 17:30: Carlos Rodríguez Rellán. 

Pedras e sociedade na Prehistoria do NW.                                            

(Investigador Dpto. Historia I - USC)

 

17:30 -18:00: Jorge Guitián Castromil.

3000 anos de alimentación na Ría de Arousa:cuncheiros castrexos, a alimentación medieval, as vías marítimas a Compostela e a eclosión conserveira.   

(Xestor do Patrimonio Cultural - Proxecto Terra: Cultura + Gastronomía)

 

18:00 -18:30: DESCANSO.

 

18:30 - 20:00: MESA REDONDA: Cultura e sociedade. A rendibilidade do patrimonio.

Ramón Fábregas Valcarce (Catedrático de Prehistoria da USC)

José Carlos Bermejo Barrera (Catedrático de Historia Antiga da USC)

Roberto Pena Puentes (Xefe de Servizo de Vixilancia e Inspección da DXPC).

Ana Belén Pontón Mondelo (Portavoz da Comisión de Cultura do grupo parlamentario do BNG).

María Concepción Burgo López (Portavoz da Comisión de Cultura do grupo parlamentario do PSOE).

Ignacio López-Chaves Castro (Portavoz da Comisión de Cultura do grupo parlamentario do PP).

Ernesto Rey Aragundi (Presidente da Asoc. Amigos do Centro Arqueolóxico)

Elvira Fidalgo Francisco (Vicerreitora de Cultura da USC).

 

 20:00- 20:30: CONCERTO Agrupación de Música Antiga Menestreis.

 

 

DOMINGO,28 de febreiro.

9:30 - 10:00: Control de asistencia.

 

10:00 - 10:50: Albert Ribera i Lacomba

Excavaciones arqueológicas en Pompeya: la casa de Ariadna o dei Capitelli Colorati. 

(Jefe de la Sección de Arqueología (SIAM) del Ayuntamiento de Valencia).

 

10:50 - 11:40: Francisco Contreras Cortés

Vida y muerte en la Cultura del Argar: el registro arqueológico de la Alta Andalucía.

 (Catedrático de Prehistoria da Universidade de Granada)

  

  11:40 -12:10: DESCANSO.

 

12:10 - 13:00: Leonardo García Sanjuán

 El megalitismo andaluz: aproximación a la dimensión paisajística y territorial

 (Profesor titular de Prehistoria. Universidad de Sevilla)

 

 13:00 - 13:50: Salvador Domínguez Bella

Rojo y verde: los minerales en la vida y la muerte del megalitisimo neolítico.

  (Profesor Titular Xeoloxía. Universidad de Cádiz)

 

 13:50 - 14:00: CLAUSURA 

 

MODALIDADES DE MATRÍCULA:

Modalidade Libre: inscrición gratuíta (60 prazas).

 

Modalidade I: persoal docente inscrito antes do 31 de xaneiro (60 prazas). Concedida a homologación condicionada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (13 horas). Importe 20 euros

 

Modalidade II: persoal docente inscrito entre o 1 e 20 de febreiro (prazas libres da modalidade I). Importe 40 euros

 

Modalidade A: estudantes da USC inscritos antes do 31 de xaneiro (60 prazas). Concedido 1 crédito de libre configuración (*). Importe 20 euros

 

Modalidade B: estudantes da USC inscritos entre o 1 e 20 de febreiro (prazas libres da modalidade A). Importe 40 euros.

 

(*) Para a concesión de créditos de libre configuración é preciso participar nas visitas organizadas os días 6 e 7 de marzo. Sábado: Visita guiada ao parque arqueolóxico da arte rupestre de Campolameiro (José Manuel Rey García). Visita guiada á Salinae e Museo do Mar de Vigo.  Domingo: Visita guiada ao complexo do Castro de Santa Tegra. 

 

Abrirase unha lista provisional para aquelas persoas interesadas nas visitas organizadas. As prazas asignaranse por orde de inscrición ata cubrir as vacantes.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA.

Modalidade Libre: mediante correo electrónico a info@centroarqueoloxicodobarbanza.org, indicando nome, apelidos, DNI, dirección postal, tfno contacto e modalidade de inscrición; ou os tfnos: 981843810 - 647922210

 

Para as modalidades A, B, I e II. Remitir mediante correo electrónico a info@centroarqueoloxicodobarbanza.org, indicando nome, apelidos, DNI, dirección postal, tfno contacto e modalidade de inscrición (na modalidade I e II indicar centro de traballo e número de identificación persoal). Unha vez confirmada a preinscrición pola secretaría dos Encontros, será preciso achegar xustificante de pago (nº de conta: 20800160440040001498 - Caixanova) para completar a matrícula.

 

 

De acordo co disposto na lei orgánica de Protección de Datos 15/1999, infórmase que os datos que figuren no formulario de inscrición pasarán a formar parte dun arquivo Asistentes IV Encontro co fin de xesionar os datos para a organización e desenvolvemento do IV Encontro Arqueolóxico do Barbanza, así como o envío de información para posteriores edicións. En todo caso recoñécese o dereito de acceso, rectificación, cancelación ou oposición que se poderá exercitar ante o Centro Arqueolóxico do Barbanza (Concello de Boiro) Secretaría técnica do IVEncontro. Lugar de Neixón, s/n. 15991 Cespón (Boiro, A Coruña)

Síguenos en las redes...