Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí. Se continúas navegando, estarás aceptándoa.
Política de cookies +

Roteiro arqueolóxico pola serra boirense da Barbanza

29/08/2015 - 29/08/2015

10:30-15:00

  Serra boirense del Barbanza

Duración aproximada: 5 h.

Lonxitude do roteiro: 11 km aprox.

Dificultade media.

A ruta comezará no xacemento de Casota do Páramo (42º42´16.68´´N, 8º55´51.15O) ás 10:30 h.

Para chegar á Casota do Páramo dende Boiro, é preciso coller a estrada DP-1105 no lugar de Ponte Goiáns (cruce AC305-DP1105: 42º38´48.35´´N, 8º53´34.58´´N) en dirección Noia, transcorridos 7,90 km, na entrada ao lugar de Moimenta, é preciso coller o desvío á man esquerda, pola estrada que leva a EVA 10 (sinalizada como ruta das mámoas. Cruce DP1105-estrada a EVA 10: 42º42´48.31´´N; 8º53´19.53´´O). Dende o cruce é preciso continuar pola estrada 8,9 km ata chegar á zona militar (EVA 10), unha vez alí é preciso seguir pola mesma estrada en dirección sur (cara o lugar da GRAÑA), sen coller ningún desvío, durante 2,54 km, momento no que nos atopamos á esquerda da estrada o xacemento arqueolóxico de Casota do Páramo, punto inical da roteiro a pé.

Visitaranse os seguintes xacementos: túmulos de Casota do Páramo I e II, Armadoiro I e II, Poza da Lagoa, Pedra da Xesta I, II, III, IV e V, Cavada I e II, Porto Traveso II e III, gravuras de Porto Traveso, xacemento alto medieval de Porto Traveso, túmulos de Arca da Barbanza I e II, Outeiriño Redondo, Chans de Sabuceda I, II e III e xacemento alto medieval de Outeiro da Torre.

Recomendamos previamente a consulta da seguinte documentación:

1-Recomendacións para a realización da ruta (nesta mesma páxina na sección de DESCARGAS >>>CATÁLOGOS E GUÍAS >>>>GUÍA DE RECOMENDACIÓNS PARA REALIZAR A RUTA DAS MÁMOAS)

2-Información sobre o conxunto de xacementos nesta mesma páxina, na sección de Descargables >>>Catálogos e Guías >>>Catálogo de mámoas da serra boirense do Barbanza

 

A ruta está organizada polo Centro Arqueolóxico do Barbanza I(Concello de Boiro) e promovida pola Deputación da Coruña, coa colaboración da Asociación de Amigos do Centro Arqueolóxico do Barbanza.

Para a realización do roteiro guiado é preciso anotarse previamente a través desta páxina web. 

Síguenos nas redes...