Xeiras 2017
21/07/2017 - 25/07/2017
8:00-23:00 h
Pompeya, Herculano, Costa Amalfitana e Nápoles
A Asocación de Amigos do Centro Arqueolóxico do Barbanza, ACAB, organiza o programa cultural XEIRAS, 2017.
O programa desenvolverase entre os días 21 e 25 de xullo; e tense previsto visitar os seguintes lugares:
-Ruínas arqueolóxicas de POMPEYA, cidade que foi sepultada no ano 79 pola erupción do volcán Vesubio. Curiosamente, foi unha das primeiras “escavacións” arqueolóxicas e promovidas por un rei español, Carlos III. Patrimonio da Humanidade dende 1997.
-Percorrido pola COSTA AMALFITANA, ao carón do mar Tirreno, situada no golfo de Salerno, Patrimonio da Humanidade dende 1997, con fermosos lugares como Sorrento, Positano, Amalfi e Ravello.
-Centro histórico grecorromano de NÁPOLES e museo arqueolóxico de Nápoles, considerado un dos máis importantes de Europa no seu xénero.
-Antiga cidade romana de HERCULANO, máis pequena pero mellor conservada que Pompeya. Patrimonio da Humanidade dende 1997.
A saída sería o día 21/07 dende Vigo ás 12:10 h; e chegada a Fiumicino ás 14:55; o regreso sería o 25/07 ás 19:45 con chegada a Vigo ás 22:45 h.
O aloxamento sería nun hotel de **** estrelas en réxime de aloxamento e almorzo.
O prezo inclúe:
-Traslado dende Barbanza a Vigo, e Vigo Barbanza
-Avión de ida e volta con Iberia
-4 noites en hotel **** (habitación dobre)
-Réxime de aloxamento e almorzo
-Seguro de viaxe
-Traslados aeroporto - hotel, hotel/aeroporto
-Visita guiada de Napoles con guía oficial e entrada ao Museo Arqueolóxico
-Visita a Pompeya con guía e entrada
-Visita a Herculano con guía e entrada
-Visita con guía á Costa Amalfitana
-Auriculares
-Taxa turística
O prezo son 698 euros (prezo en base a grupo de 50 persoas).
A axencia de viaxes ten bloqueado os billetes e o aloxamento ata o próximo día 20 de abril, polo que é preciso confirmar a praza como máis tardar o día 19 de abril. O abono realizaríase en dous pagamento, un primeiro de 200 euros antes do 1 de maio e un segundo prazo en xullo.
Fóra do programa oficial, estase valorando a posibilidade de visitar PAESTUM, antigua Poseidonia, cidade greco-romana na rexión da Campania. Atópase a 92 quilómetros de Nápoles, e conta, entre outras cousas, con extraordinarios templos dóricos dedicados a Hera, Apolo e Atenea. Foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1998. Dependerá do número de persoas que se anoten, pero o custe pode rondar os 30 euros (traslado, guía e entradas).
Para anotarse é recomendable facelo pinchado aquí, no formulario de <<INSCRIBIRSE>> que figura na parte superior desta páxina ou tamén contactando co teléfono 647922210.