Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí. Se continúas navegando, estarás aceptándoa.
Política de cookies +

Curso de Arqueoloxía Práctico do Barbanza, edición 2017

31/07/2017 - 25/08/2017

10:00-13:45; 16:00-19:45 h

  Zona Arqueolóxica dos Castros de Neixón (Boiro, A Coruña)

Programa previo

Curso arqueoloxía práctica no Barbanza (edición 2017)

Datos da Organización

Organiza: Concello de Boiro (Centro Arqueolóxico do Barbanza)

Promove: Concello de Boiro

Coordina: GEPN-AAT (Grupo de Estudios para a Prehistoria do Noroeste Ibérico-Arqueoloxía, Antigüidad da Universidade de Santiago de Compostela)

 
Colabora: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Xunta de Galicia); Deputación da Coruña; Servizo de Participación e Integración Universitaria, e Asociación de Amigos do Centro Arqueolóxico do Barbanza

 

Presentación
O obxectivo principal das prácticas de campo é que os participantes desenvolvan as competencias, habilidades e capacitación a nivel básico para a realización de tarefas propias dunha escavación arqueolóxica, coñecendo as técnicas, procedementos e métodos. Familiarizándose coas técnicas de escavación, o uso de ferramentas, identificación e rexistro de unidades estratigráficas e tratamento previo da cultura material.

 

 

Cronograma

PRIMEIRA QUENDA
Entre os días 31 de xullo e 11 de agosto

SEGUNDA QUENDA
Entre os días 14 e 25 de agosto.

 

Programa
Nesta edición os traballos centraranse na zona arqueolóxica dos Castros de Neixón (Boiro, A Coruña), que se atopa emprazada en terreos de titularidade municipal. As labores de acondicionamento do enclave retómanse no ano 1996, momento a partires do cal se teñen levado a cabo distintas estratexias e iniciativas para abordar de forma integral a posta en valor e musealización da área arqueolóxica, con accións como a investigación, formación, divulgación e socialización do coñecemento.

A zona arqueolóxica foi declarada Ben de Interese Cultural en 2011, conta cunha longa traxectoria nas investigacións da Idade do Ferro do noroeste peninsular.

 

Nesta edición, as investigacións centraranse en dous sectores, ambos situados no interior do castro Grande de Neixón, onde se ten exhumado parte do sistema defensivo. Os traballos centraranse en intervir parte da muralla interior do poboado.

 

 
Pre-inscrición e matrícula
O colectivo para o cal está destinado este curso é fundamentalmente alumnado universitario, de graos de arqueoloxía, historia, humanidades, restauración ou graos afíns. A orientación do curso, en canto a contidos e esixencias, está indicado para contribuír á formación de estudantes de grao, admitíndose excepcionalmente e en casos xustificados, outros alumnos cuxa situación particular así o aconselle.

Ofértanse un total de 12 prazas, distribuídas en dúas quendas (6+6), que terá lugar entre os días 31 de xullo a 11 de agosto, e de 14 a 25 de agosto (xornadas de luns a venres en sesión de mañá e tarde). O prazo de pre-inscrición remata o 31 de maio.

Establécese unha única modalidade de matrícula.

Terán preferencia aqueles alumn@s que poidan acreditar algunha das seguintes circunstancias:

- haber colaborado en actividades do GEPN-AAT,

-haber participado en anteriores campañas de escavación promovidas polas entidades organizadoras ou coordinadoras deste curso,

- haber asistido a algunha das edicións do programa Encontros Arqueolóxicos do Barbanza.


Teranse en conta ademais os seguintes criterios de selección:

- orde de inscrición

- actividades arqueolóxicas previas

- exp. académico

A entidade organizadora reservase o dereito de solicitar á persoa interesada a documentación acreditativa dos datos indicados no proceso de pre-inscrición.

Terán preferencia aquelas persoas que poidan asistir a todo o programa sobre aquelas outras que teñan incompatibilidades horarias.
Establecerase unha lista de agarda para cubrir posibles renuncias.

A preinscrición debe facerse por algún dos seguintes medios:
- a través da plataforma: www.centroarqueoloxicodobarbanza.org (sección Eventos), cubrindo formulario. No apartado de observacións, debe facerse constar o curso no que se atopa matriculado, facultade e universidade e indicando a quenda na que está interesad@, máis a experiencia previa.

-remitir mediante correo electrónico a info@centroarqueoloxicodobarbanza.org o centroarqueoloxicobarbanza@gmail.com,  indicando nome, apelidos, DNI, dirección postal, tfno contacto e modalidade de inscrición. Debe facerse constar o curso no que se atopa matriculado, facultade e universidade.e indicando a quenda na que está interesad@, máis a experiencia previa.

Unha vez confirmada a preinscrición pola secretaría do curso, indicaranse as directrices para realizar a matrícula e aboar as taxas correspondentes.

O importe da matrícula son 80 euros.

O aloxamento e manutención correrá a cargo da organización do curso.

Os participantes no curso estarán cubertos mediante a póliza de seguro de accidentes.

A organización reservase o dereito de mudar, anular ou reformular o programa sen menoscabo dos intereses xerais dos matriculados.

Facilitaranse os medios técnicos e ferramentas, agás roupa e calzado, para o desenvolvemento dos diversos traballos encomendados.

Unha vez rematada a actividade, e previa solicitude, emitirase un certificado onde se faga constar a participación do alumno/a no curso de arqueoloxía no Barbanza (edición 2017) polo total de horas prácticas (estimación de curso 80 h).

De acordo co disposto na Lei orgánica de Protección de Datos 15/1999, infórmase que os datos que figuren no formulario de inscrición pasarán a formar parte dun arquivo denominado Centro Arqueolóxico do Barbanza, co fin xestionar os datos para a organización e desenvolvemento dos programas da propia institución. En todo caso recoñécese o dereito de acceso, rectificación, cancelación ou oposición que se poderá exercitar ante o Centro Arqueolóxico do Barbanza (Concello de Boiro). Lugar de Neixón, s/n. 15991 Cespón (Boiro, A Coruña) ou Concello de Boiro, praza de Galicia, s/n. 15930 Boiro, A Coruña)

 

 

 

Síguenos nas redes...