Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí. Se continúas navegando, estarás aceptándoa.
Política de cookies +

Visita parcial ao Pazo de Goiáns: luns 17 de maio, sesión matutina

17/05/2021 - 17/05/2021

11:00-14:00

  Pazo de Goians

Realizarase unha visita ao inmoble principal obxecto de rehabilitación e que nestes intres está en obras. Unicamente se visitará a planta baixa con unha breve explicación histórica ao inmoble, a súa evolución e un pequeno percorrido polas singularidades e curiosidades. A visita ten unha duración de 20 minutos no interior, para grupos de 8 persoas, que se complementará cunha visita exterior de 15 minutos na que se darán unhas pinceladas arredor dos valores ambientais da finca de Goiáns.

 

A visita realizarse mantendo as distancias de seguridade derivadas do COVID-19 e será preceptivo o emprego de máscara ou cubrebocas.
 
As visitas comezarán puntuais, e non será posible incorporarse á mesma unha vez empezada. É preciso estar nas inmediacións 5 minutos antes para realizar a acreditación e someterse os trámites precisos derivados do COVID19.A actividade é gratuíta.

 

Unha vez formalizada a pre-inscrición, os organizadores comprobarán a disponibilidade de prazas, que se asignarán por estrita orde de inscrición. Unha vez comprobada a súa disponibilidade, remitirase un mail de confirmación de cada unha das prazas, co DNI da persoa á que se lle reserva a praza e a franxa horaria que ten asignada para realizar a visita.

 

As entradas son nominativas e intransferibles.
Antes da entrada para realizar a visita será preciso acreditar a identidade da persoa adxudicataria da praza (DNI, ...) e o mail de confirmación da mesma.

 

Habilitariase unha lista de agarda por si quedanse prazas libres durante o proceso de matriculación.

 

Os organizadores resérvanse o dereito de realizar os cambios no programa que consideren precisos para garantir un correcto desenvolvemento da actividade, sen prexuízo das medidas que haxa que adoptar por indicación das autoridades sanitarias como consecuencia da evolución da pandemia do COVID19.

 

De acordo co disposto na normativa vixente de protección de datos, infórmase que os datos que figuren no formulario de inscrición pasarán a formar parte  dun arquivo Centro Arqueolóxico do Barbanza, co fin xestionar os datos para a organización e desenvolvemento das visitas ao Pazo de Goiáns. En todo caso recoñécese o dereito de acceso, rectificación, cancelación ou oposición que se poderá exercitar ante o Concello de Boiro, praza de Galicia, s/n. 15930 Boiro (A Coruña); ou, na portal electrónico https://boiro.sedelectronica.gal/info.0 


Organiza a actividade o Concello de Boiro, departamentos de Patrimonio, Cultura e Turismo co apoio do GRUMIR municipal

 

Síguenos nas redes...