04/06/2022 - 05/06/2022
4.06.2022: 11:00-20:00 h.; 5.06.2022: 10:00-15:00 h
Muros e Noia, Rianxo
Sábado, 4.06.2022, Visita aos cascos antigos de Muros e Noia
11:00 h. Saída de Boiro (dende a casa da cultura Ramón Martínez López)
12:00-13:30 h. Visita arqueolóxica ao casco antigo de Muros
14:15 h. Chegada a Noia
[Comida por libre en Noia]
16:30-18:30 h.: Visita ao casco antigo de Noia
*Hora estimada de regreso a Boiro: 19:30/20:00 h.
Domingo, 5.06.2022, Roteiro Arqueolóxico por Rianxo
10:00 h. Saída de Boiro (dende a casa da cultura Ramón Martínez López)
10:45-13:45 h. Roteiro Arqueolóxico por Rianxo (10 quilómetros aprox.)
*Hora estimada de regreso a Boiro: 14:30/15:00 h.
Condicións:
-A organización soamente garante o dereito das prazas que previamente fosen abonadas.
-O importe representa o custe a inscrición: 15 euros. Inclúe desprazamento en autor e visitas.
-O programa poderá mudarse ou mesmo anularse xustificadamente (climatoloxía, seguridade, etc.) polos responsables.
-A actividade está regulada segundo a Ordenanza municipal núm. 25 reguladora do prezo público pola prestación de servizos de carácter educativo, social, cultural e deportivo do Concello de Boiro (BOP nº 80, 26.04.2013).
-Si o quórum de inscritos non supera a metade das prazas disponibles, a organización reservase o dereito de cancelar o programa.
-Na plataforma www.centroarqueoloxicodobarbanza.org (sección eventos) cubrindo o formulario de inscrición.
-Mediante correo electrónico a:
info@centroarqueoloxicodobarbanza.org ou centroarqueoloxicobarbanza@gmail.com; indicando nome, apelidos, dni, dirección postal, teléfono, modalidade e centro de traballo ou Núm. Rexistro Persoal (só docentes).
Unha vez que se confirme a pre-inscrición será preciso remitir xustificante de pago para confirmar a matrícula.
De conformidade coa Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos e Garantía de Dereitos Dixitais, infórmase que os datos que figuren no formulario de inscrición pasarán a formar parte dun arquivo “Centro Arqueolóxico do Barbanza” co fin de xestionar os datos para a organización e desenvolvemento do XV Encontro Arqueolóxico do Barbanza, así como o envío de información para posteriores edicións. En todo caso, recoñécese o dereito de acceso, rectificación, cancelación, oposición ou calesqueira outros reconocidos na normativa sinalada, que se poderán exercitar ante o Centro Arqueolóxico do Barbanza (Concello de Boiro) Lugar de Neixón, s/n. 15991 Cespón. Boiro, A Coruña.