04/03/2023 - 05/03/2023
11:00-20:00 h
Salcedo (Pontevedra), Vilaboa, Cangas e Bueu
Sábado, 4.03.2023, Visita ao Parque etnoarqueolóxico das cabanas prehistóricas de Outeiro das Mouras en Salcedo e ao forno de cal de San Adrián de Cobres (Vilaboa)
11:00 h. Saída de Boiro (dende a casa da cultura Ramón Martínez López)
12:00-14:00 h. Visita
Visita ao parque etnoarqueolóxico das Cabanas Prehistóricas de Outeiro
das Mouras en Salcedo (Pontevedra)
14:30 h. Chegada a Vilaboa
[Comida por libre en Vilaboa]
17:00-18:00 h.: Visita a forno de cal de San Adrián de Cobres (Vilaboa)
*Hora estimada de regreso a Boiro: 19:30/20:00 h.
Domingo, 5.03.2023, Visita ás gravuras de Pinal do Rei (Darbo, Cangas; e a Santiago de Ermelo (Bueu)
11:00 h. Saída de Boiro (dende a casa da cultura Ramón Martínez López)
12:00-13:30 h.Visita gravuras de Pinal do Rei (Darbo, Cangas)
[Comida por libre en Ermelo]
16:30-18:00 Visita a Santiago de Ermelo
*Hora estimada de regreso a Boiro: 19:30/20:00 h.
Condicións:
-A organización soamente garante o dereito das prazas que previamente fosen abonadas.
-O importe representa o custe a inscrición: 15 euros. Inclúe desprazamento en autor e visitas.
-O programa poderá mudarse ou mesmo anularse xustificadamente (climatoloxía, seguridade, etc.) polos responsables.
-A actividade está regulada segundo a Ordenanza municipal núm. 25 reguladora do prezo público pola prestación de servizos de carácter educativo, social, cultural e deportivo do Concello de Boiro (BOP nº 80, 26.04.2013).
-Si o quórum de inscritos non supera a metade das prazas disponibles, a organización reservase o dereito de cancelar o programa.
-Na plataforma www.centroarqueoloxicodobarbanza.org (sección eventos) cubrindo o formulario de inscrición.
-Mediante correo electrónico a:
info@centroarqueoloxicodobarbanza.org ou centroarqueoloxicobarbanza@gmail.com; indicando nome, apelidos, dni, dirección postal, teléfono.
Unha vez que se confirme a pre-inscrición será preciso remitir xustificante de pago para confirmar a matrícula.
De conformidade coa Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos e Garantía de Dereitos Dixitais, infórmase que os datos que figuren no formulario de inscrición pasarán a formar parte dun arquivo “Centro Arqueolóxico do Barbanza” co fin de xestionar os datos para a organización e desenvolvemento do XVI Encontro Arqueolóxico do Barbanza, así como o envío de información para posteriores edicións. En todo caso, recoñécese o dereito de acceso, rectificación, cancelación, oposición ou calesqueira outros reconocidos na normativa sinalada, que se poderán exercitar ante o Centro Arqueolóxico do Barbanza (Concello de Boiro) Lugar de Neixón, s/n. 15991 Cespón. Boiro, A Coruña.