Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí. Se continúas navegando, estarás aceptándoa.
Política de cookies +

Programa de visitas guiadas para este verán no Centro Arqueolóxico do Barbanza

01/07/2024 - 15/09/2024

11:30

  Centro Arqueolóxico do Barbanza

CARTEL

Horas das visitas: 11:30, 12:45, 17:30 e 18:45.

Este programa de visitas está dispoñible do 1 de xullo ao 15 de setembro.

Non é necesario facer reserva previa, só tedes que vir. Con todo, se vos queredes asegurar unha praza, podedes chamarnos ou mandarnos un WhatsApp ao 647 922 210. Tendes que facilitarnos os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto, procedencia e número de persoas que asistirán á actividade.

A visita é gratuíta e péchase a cota ao completar o aforo de 25 persoas.

Se sodes un grupo grande (15 ou máis), recomendámosvos chamar para consultar dispoñibilidade ou cubrir o formulario na nosa web, no apartado de visitas. Lembrade facelo cunha semana ou máis de antelación para poder reservarvos o día.

Os grupos con reserva previa terán prioridade.

Esperámosvos para descubrir xuntos os segredos do Centro Arqueolóxico do Barbanza!

Síguenos nas redes...