18/09/2024 - 05/10/2024
11:30
Centro Arqueolóxico do Barbanza
Con motivo do Día da Arte Rupestre organizamos uns Obradoiros de Petróglifos para a rapazada, onde van poder coñecer o que é un petróglifo e realizar o seu propio colgante con motivos prehistóricos.
Data e hora: Sábado 5 de outubro ás 11:30 e ás 12:45 h.
Duración: 45 minutos
Destinatarios: Rapazada de 6 a 12 anos
Descrición da actividade: Os participantes terán a oportunidade de descubrir os petróglifos á luz dunha lanterna e, a continuación, realizarán colgantes inspirados nos motivos da arte rupestre.
Inscrición: A actividade require inscrición previa, formulario premendo aquí.
O aforo está limitado a 16 prazas.