18/09/2025 - 31/07/2026
12:00
Centro Arqueolóxico do Barbanza
O Centro Arqueolóxico do Barbanza pon en marcha o programa “Navia, a castrexa de Neixón”, unha iniciativa pensada para que as familias e todas aquelas persoas que o desexen poidan descubrir novos lugares vinculados á arqueoloxía do Barbanza e de Galicia.
✨ A través desta campaña, convidámosvos a vivir unha experiencia educativa e divertida, espertando o interese pola nosa historia e patrimonio. O obxectivo é que as familias e todas aquelas persoas que o desexen exploren enclaves arqueolóxicos ou sitios ligados a antigas lendas, convertendo a aprendizaxe nunha aventura.
🧸 Como parte da actividade, prestamos a boneca Navia para que vos acompañe na vosa viaxe. A única condición? 📸 Enviarnos unha imaxe dela nun lugar de interese arqueolóxico ou asociado a unha lenda. Así, entre todas e todos, iremos tecendo unha viaxe visual polo noso rico pasado.
Abrimos tamén o programa de adopción de Navia aos centros escolares, ofrecéndolles a oportunidade de contar coa nosa pequena castrexa nas aulas durante un período de entre dúas e tres semanas. Deste xeito, Navia converterase nunha compañeira de aprendizaxe coa que o alumnado poderá achegarse ao mundo da Prehistoria dunha maneira máis próxima, sinxela e divertida. Ademais da boneca, cada centro recibirá varios exemplares dun caderniño didáctico do Centro Arqueolóxico do Barbanza, con pequenas explicacións sobre a Prehistoria recente e diferentes xogos e actividades para complementar a experiencia educativa.
Esta actividade inclúe a adopción temporal da boneca Navia por parte dunha familia ou de todas aquelas persoas que o desexen poidan descubrir, que terá como obxectivo fomentar o coñecemento do patrimonio arqueolóxico e cultural.