Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí. Se continúas navegando, estarás aceptándoa.
Política de cookies +

Programa de visitas - Verán

01/07/2025 - 31/08/2025

11:30

  Centro Arqueolóxico do Barbanza

Visitas Guiadas - Centro Arqueolóxico do Barbanza

Programa de Visitas Guiadas – Verán 2025

CARTEL

📍 Centro Arqueolóxico do Barbanza
🗓️ Do 1 de xullo ao 31 de agosto
🕒 Horarios: 11:30, 12:45 e 18:30
🎟️ Visitas de balde – Aforo limitado a 25 persoas

Este verán, convidámoste a descubrir os segredos do Centro Arqueolóxico do Barbanza co noso programa de visitas guiadas. Do 1 de xullo ao 31 de agosto, podes unirte a calquera das visitas diarias nos horarios indicados.

Non é preciso facer reserva previa, só tes que achegarte. Porén, se queres asegurarte praza, podes contactarnos por teléfono ou WhatsApp no 647 922 210 facilitando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos
  • DNI
  • Teléfono de contacto
  • Procedencia
  • Número de persoas asistentes

🔸 Os grupos con reserva previa terán prioridade.
🔸 Se sodes un grupo numeroso (15 persoas ou máis), recomendámosvos chamarnos ou cubrir o formulario na nosa web con polo menos unha semana de antelación.

* Os días que se realicen visitas aos castros, as visitas ao Centro quedarán anuladas.

** Do 4 ao 10 de xullo, o Centro Arqueolóxico do Barbanza pechará as súas portas ás 19:00 h con motivo das Festas de Boiro. Por este motivo, durante eses días, as visitas da tarde realizaranse ás 17:30 h.

*** Durante a fin de semana do 9 e do 10 de agosto, o Centro Arqueolóxico do Barbanza permanecerá aberto, pero non se realizarán visitas debido á Romaría de Neixón que se celebra nas proximidades.


Visitas Especiais aos Castros de Neixón

Ademais, organizamos tres visitas especiais aos Castros de Neixón nas seguintes datas (con inicio ás 11:30 h.):

  • 🗓️ Visita 1: Sábado 12/07
  • 🗓️ Visita 2: Sábado 02/08
  • 🗓️ Visita 3: Sábado 30/08

Para participar nestas visitas, é imprescindible inscribirse mediante o formulario dispoñible na nosa web. A inscrición estará aberta ata as 14:00 h do día anterior a cada visita.

📞 Para máis información, non dubides en chamarnos.

Non perdas esta oportunidade única de viaxar ao pasado con nós! Agardámoste este verán no Centro Arqueolóxico do Barbanza.


Síguenos nas redes...