23/01/2026 - 24/01/2026
de 11:20 a 14:00 e de 16:30 a 18:30
Centro Arqueolóxico do Barbanza
Programa Piloto:
"Viaxa ao pasado con Navia"
📅 Datas: Do 23 ao 24 de xaneiro.
🕐 Horario: 11:20–14:00 e 16:30–18:30 h.
Convidámosvos a participar nunha actividade especial pensada para desfrutar do museo en familia.
Sabemos que moitas veces as familias visitan os museos xuntas, e que a maior parte dos contidos están pensados para público adulto. Por iso estamos a desenvolver un cadernillo de actividades e xogos para que nenas e nenos poidan explorar o museo de maneira divertida, autónoma e ao seu propio ritmo.
Antes do seu lanzamento oficial, realizaremos unha proba piloto e encantaríanos contar coa vosa participación.
Durante a visita libre en familia (non haberá visita guiada), os máis pequenos recibirán o cadernillo e poderán percorrer o museo mentres resolven retos, observan detalles e descobren curiosidades.
Ao remate, pediremos ás familias que cubran un pequeno formulario para coñecer a vosa opinión e a dos menores: se lles resultou interesante, doado de seguir, que partes lles gustaron máis, etc.
A vosa colaboración será fundamental para axudarnos a mellorar e crear un recurso educativo máis completo e enriquecedor.
Non é necesario reservar previamente.
Porén, se tedes pensado vir, agradeceríamos que premades o botón de abaixo para indicarnos con cantos menores asistiredes. Así imprimiremos só os cadernos necesarios e evitaremos o desperdicio de papel.
Moitas grazas por colaborar e formar parte desta nova iniciativa do museo.