Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí. Se continúas navegando, estarás aceptándoa.
Política de cookies +

Obradoiro de tecido na antigüedade para adultos

11/04/2026 - 11/04/2026

11:00

  Centro Arqueolóxico do Barbanza

Obradoiro de tecido na antigüedade para adultos

Obradoiro de tecido na antigüedade
para adultos

O Centro Arqueolóxico do Barbanza organiza un obradoiro para adultos sobre tecido na antigüidade.

Data: 11 de abril

Horario e duración: De 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 (7:30 h.)

Destinatarios: Adultos.

Descrición da actividade: Este obradoiro propón unha viaxe ao mundo do textil antigo a través dunha experiencia didáctica e participativa. Nun primeiro momento, achegarémonos ás fibras naturais, á súa transformación e ao proceso de fiado, acompañando a explicación con demostracións prácticas e reproducións de pezas arqueolóxicas que nos axudan a comprender o seu valor histórico e cultural. Na segunda parte, as persoas participantes porán en práctica o aprendido tecendo unha pequena cinta decorativa nun tear de reixa ancorado á cintura, vivindo en primeira persoa unha técnica ancestral e levando a casa a súa propia creación como lembranza da experiencia.

Aforo: 10 persoas.

Imparte: Miriam Fernández Otero de Clío Gestión Cultural.

Síguenos nas redes...