01/04/2026 - 04/04/2026
10:00
Centro Arqueolóxico do Barbanza
Novo recurso didáctico para a rapazada
Cuadernillo “Viaxa ao pasado con Navia”
A partir deste mes de abril, todas as familias que se acheguen con nenos e nenas a coñecer o Centro Arqueolóxico do Barbanza poderán desfrutar dun novo recurso pensado especialmente para elas.
Poñemos en marcha o noso cuadernillo “Viaxa ao pasado con Navia”, unha proposta divertida e educativa para que os máis pequenos descubran o museo dun xeito diferente.
A través da historia da nosa castrexa preferida, Navia, os nenos e nenas poderán coñecer como era a vida na prehistoria mentres realizan actividades, xogos de aprendizaxe e pequenos retos ao longo do percorrido.
🧩 Observar, xogar, aprender e imaxinar serán as claves desta experiencia pensada para que a visita en familia sexa máis enriquecedora, participativa e, sobre todo, divertida.
📖 O cuadernillo está dispoñible en galego e castelán, e pode solicitarse de balde na recepción do centro.
Animádevos a viaxar ao pasado con nós!