Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí. Se continúas navegando, estarás aceptándoa.
Política de cookies +

Programa de visitas - Verán 2026

02/07/2026 - 30/08/2026

de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00

  Centro Arqueolóxico do Barbanza

Visitas Guiadas - Centro Arqueolóxico do Barbanza

Programa de Visitas Guiadas – Verán 2026

CARTEL

📍 Centro Arqueolóxico do Barbanza
📅 Do 2 de xullo ao 30 de agosto
🕰️ Horarios: 11:30, 12:45 e 18:00
🎟️ Visitas de balde – Aforo limitado a 25 persoas

Este verán, convidámoste a descubrir os segredos do Centro Arqueolóxico do Barbanza co noso programa de visitas guiadas. Do 2 de xullo ao 30 de agosto, podes unirte a calquera das visitas diarias nos horarios indicados.

Non é preciso facer reserva previa, só tes que achegarte. Porén, se queres asegurarte praza, podes contactarnos por teléfono ou WhatsApp no 647 922 210 facilitando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos
  • DNI
  • Teléfono de contacto
  • Procedencia
  • Número de persoas asistentes

🔷 Os grupos con reserva previa terán prioridade.
🔷 Se sodes un grupo numeroso (15 persoas ou máis), recomendámosvos chamarnos ou cubrir o formulario na nosa web con polo menos unha semana de antelación.

* Os días que se realicen visitas aos castros, as visitas ao Centro quedarán anuladas.

** Do 3 ao 9 de xullo, o Centro Arqueolóxico do Barbanza pechará ás 19:00 h con motivo das Festas de Boiro. Durante eses días, as visitas da tarde realizaranse ás 17:30 h.

*** Durante a fin de semana do 8 e do 9 de agosto, o Centro permanecerá aberto, pero non se realizarán visitas debido á Romaría de Neixón.


Visitas Especiais aos Castros de Neixón

Organizamos tres visitas especiais aos Castros de Neixón (inicio ás 11:30 h.):

  • 📅 Visita 1: Sábado 18/07
  • 📅 Visita 2: Sábado 08/08
  • 📅 Visita 3: Sábado 22/08

É imprescindible inscribirse mediante o formulario da web. A inscrición pecha ás 14:00 h do día anterior.

📞 Para máis información, non dubides en chamarnos.

Non perdas esta oportunidade única de viaxar ao pasado con nós! Agardámoste este verán no Centro Arqueolóxico do Barbanza.


Síguenos nas redes...