26/09/2026 - 26/09/2026
10:30-14:00 / 16:30-19:00
Centro Arqueolóxico do Barbanza
Obradoiro de cerámica castrexa
para adultos (2º ed.)
O Centro Arqueolóxico do Barbanza organiza un obradoiro para adultos sobre cerámica castrexa.
Horario e duración: O 26 de setembro de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:00 (6 h.)
Destinatarios: Adultos.
Descrición da actividade: Ao longo desta xornada práctica, as persoas participantes mergullaranse na tradición cerámica da Idade do Ferro. Empregando técnicas tradicionais de creación cerámica, terán a oportunidade de modelar e decorar unha peza inspirada nos motivos e formas propios da cultura castrexa. Como colofón, cada creación será cocida posteriormente nas instalacións da Fundación Terra Termarum, permitindo ás persoas asistentes levar o cacharro que elaboraron durante a actividade: unha lembranza única da experiencia.
Aforo: 12 persoas. Terán preferencia as persoas que non participasen na edición anterior.
Imparte: Sandra Obarrio Fernández da Fundación Terra Termarum Castrolandín.