12/06/2026 - 12/06/2026
16:30 h.
Centro Arqueolóxico do Barbanza
Obradoiro Arqueoloxía dos Sentidos
🧩 O INCIPIT-CSIC organiza no Centro Arqueolóxico do Barbanza o obradoiro Arqueoloxía dos Sentidos, unha actividade sensorial na que os nenos e nenas, organizados en grupos, explorarán a arqueoloxía a través do tacto, o olfacto e o oído, identificando diferentes elementos cos sentidos. Non perdas esta oportunidade de explorar o pasado dunha maneira diferente!
📅 Data: Venres, 12 de xuño de 2026
🕓 Hora: 16:30 h
👧👦 Destinatarios: Rapazada de 6 a 12 anos
👥 Prazas: Limitadas (máximo 20 participantes)
📧 Inscricións: valorizacion@incipit.csic.es