Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí. Se continúas navegando, estarás aceptándoa.
Política de cookies +

Xa dispoñibles en liña as vídeo-actas dos Encontros Arqueolóxicos

07/10/2026 - 20/10/2026

00:00 a 23:59

  Centro Arqueolóxico do Barbanza

As conferencias das últimas edicións dos Encontros Arqueolóxicos do Barbanza xa están dispoñibles en liña

As conferencias das últimas edicións dos
Encontros Arqueolóxicos do Barbanza xa están
dispoñibles en liña

Informamos da publicación en liña das conferencias correspondentes ás XVII, XVIII e XIX edicións dos Encontros Arqueolóxicos do Barbanza, que xa poden ser consultadas a través da canle de YouTube do Centro Arqueolóxico do Barbanza.

Esta iniciativa permite achegar á cidadanía, ás persoas investigadoras, ao alumnado e a todas aquelas persoas interesadas no patrimonio arqueolóxico os coñecementos, estudos e investigacións compartidos ao longo das últimas edicións destas xornadas, facilitando o acceso a uns contidos que forman parte da actividade de divulgación arqueolóxica desenvolvida no Barbanza.

A edición dos vídeos e a súa posterior posta a disposición da cidadanía foi posible grazas á subvención concedida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ao abeiro das axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026 (código de procedemento CT110C).

O Concello de Boiro solicitou esta axuda coa finalidade de contribuír á edición, conservación e difusión das conferencias dos Encontros Arqueolóxicos do Barbanza, favorecendo que os contidos e coñecementos expostos polos diferentes relatores e relatoras poidan chegar a un público máis amplo e permanecer accesibles para a súa consulta.

Deste xeito, os Encontros Arqueolóxicos do Barbanza amplían o seu alcance máis alá das xornadas presenciais, permitindo que as súas conferencias poidan ser consultadas desde calquera lugar e en calquera momento, contribuíndo á divulgación do patrimonio arqueolóxico e ao coñecemento da investigación desenvolvida no territorio.

Nota: Na canle só están publicadas aquelas conferencias cuxos relatores e relatoras autorizaron expresamente a súa difusión.

Síguenos nas redes...