Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí. Se continúas navegando, estarás aceptándoa.
Política de cookies +

Visitas a áreas arqueolóxicas e equipamentos culturais

02/03/2013 - 13/03/2013

Sábado: 10:00-14:00; 17:00 -19:00 h. Domingo: 10:00-14:30 h.

  Porto do Son e Boiro

Sábado, 02.03.2013

Porto do Son: Petróglifos e castro de Baroña

Saída ás 10:00 h dende a Casa da Cultura Ramón Martínez López (Boiro).

Pola mañá: visita guiada aos petróglifos de Porto do Son (con Manuel Mariño). Visitaranse algúns dos gravados máis destacados do Norte do Barbanza (Campo Grande, Outeiro de Campelos, Rego do Corzo I e II, Monte da Gurita, ...)

 

Pola tarde: visita guiada ao castro de Baroña (con Tito Concheiro). Farase unha achega in situ aos novos traballos de restauración levados a cabo nos últimos tempo, por parte dun dos responsables das actuacións.

A comida do sábado será por libre en Porto do Son, de aprox. 14:30 a 16:45 h.

 

Domingo, 3.03.2013

Boiro: ruta das mámoas

Saída ás 10:00 h dende a Casa da Cultura Ramón Martínez López (Boiro).

Visitarase a necrópole tumular de Iroite: 
Outeiriño do Pan I e II; Casota do Páramo I e II; Armadoiro I e II; Poza da Lagoa, Pedra da Xesta (I, II, III, IV e V), Caavada (I, II, III e IV), Sabuceda (II, III, IV, V, VI, VII e VIII), Outeiriño Redondo, Arca do Barbanza (I e II), Porto Traveso (I, II, III). Asemade, presentaranse algúns outros elementos de interese arqueolóxico e patrimonial presenta ao longo do roteiro.

 

O desprazamento realizarase en autobús, e recoméndase roupa axeitada para a realización das distintas visitas. Pódese consultar nesta mesma páxina na sección materiais didácticos: Guía de recomendacións para a realización da ruta das mámoas. 


Organiza: Centro Arqueolóxico do Barbanza (Concello de Boiro)

Colabora: Deputación Provincial da Coruña e Asoc. Cult. de Amigos do Centro Arqueolóxico do Barbanza

 

A organización por circunstancias non previsibles (condicións atmosféricas adversas, ...) pode modificar as condicións das visitas. Informarase vía online, tanto a través da presente páxina, como nos correos electrónicos que figuran na inscrición dos posibles cambios.

De acordo co disposto na lei orgánica de Protección de Datos 15/1999, infórmase que os datos que figuren no formulario de inscrición pasarán a formar parte dun arquivo Centro Arqueolóxico do Barbanza co fin de xesionar os datos para a organización e desenvolvemento do programa, así como o envío de información para posteriores edicións. En todo caso recoñécese o dereito de acceso, rectificación, cancelación ou oposición que se poderá exercitar ante o Centro Arqueolóxico do Barbanza (Concello de Boiro). Lugar de Neixón, s/n. 15991 Cespón (Boiro, A Coruña)

Síguenos nas redes...